25 may 2016

UN PROBLEMA CON MOITAS PÚAS


Na mochila do cole de Héctor caben, como moito, catro ourizos maiores. Cantas mochilas necesitasremos para poder levar 316 ourizos



19 may 2016

UN PROBLEMA DE MOITAS PALABRAS

A primeira señora falando coa segunda dispara 127 palabras por minuto. A segunda falando coa primeira solta 132 palabras por minuto. Cantas palabras dirán as dúas xuntas si estan dúas horas falando  ao mesmo tempo sen parar?


11 may 2016

UN PROBLEMA DE PESO

Nunha balanza hai, nun lado, 3 elefantes que pesan 5 toneladas cada un. No outro lado da balanza está a paciencia dos pais destes nenos rebuldeiros. Calcula canta paciencia teñen estes pais, pero en quilogramos.



4 may 2016

UN PROBLEMA DE SERPES

Do terrario escaparon 3 culebras, 5 cobras e 10 víboras. A lonxitude de cada culebra é de 1 metro, cada cobra mide 1 metro e 30 centímetros e cada víbora mide 1 metro e 15 centímetros. Cantos metros de serpes escaparon do terrario?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...