Nun circo hai 30 filas de butacas, en cada fila hai 120 asentos. Cada noite o circo esta cheo e, aínda que todos o pasan moi ben, so a metade dos espectadores morren coa risa. Cantos espectadores morren de risa diariamente no circo?
1 jun 2016
25 may 2016
UN PROBLEMA CON MOITAS PÚAS
19 may 2016
UN PROBLEMA DE MOITAS PALABRAS
A primeira señora falando coa segunda dispara 127 palabras por minuto. A segunda falando coa primeira solta 132 palabras por minuto. Cantas palabras dirán as dúas xuntas si estan dúas horas falando ao mesmo tempo sen parar?
11 may 2016
UN PROBLEMA DE PESO
Nunha balanza hai, nun lado, 3 elefantes que pesan 5 toneladas cada un. No outro lado da balanza está a paciencia dos pais destes nenos rebuldeiros. Calcula canta paciencia teñen estes pais, pero en quilogramos.
4 may 2016
UN PROBLEMA DE SERPES
Do terrario escaparon 3 culebras, 5 cobras e 10 víboras. A lonxitude de cada culebra é de 1 metro, cada cobra mide 1 metro e 30 centímetros e cada víbora mide 1 metro e 15 centímetros. Cantos metros de serpes escaparon do terrario?
28 abr 2016
UN PROBLEMA NA DUCHA
No meu edeificio reventou ao mesmo tempo a tubería de auga fría e a de auga quente. Dunha caen al piso 70 litros de auga xeada por minuto, da outra caen 12 litros de auga fervendo por segundo. Se resfriarán os habitantes deste piso coa auga xeada ou, ao revés, se queimarán?
20 abr 2016
13 abr 2016
UN PROBLEMA ESPINOSO
Mamá mercou uns cantos cactus. Cando María, de 3 anos, afeitou coidadosamente a metade dos cactus de mamá coa nova cuchilla de papá, mamá todavía era a propietaria de 12 cactus espinosos. Cantos cactus sen afeitar mercou mamá?
6 abr 2016
UN NOVO PROBLEMA
Si sentamos nun prato dunha balanza a Olga, que pesa 45 kg e a Natalia, que pesa 8 kg menos ca súa amiga e enchemos o outro prato con 89 kg de bombóns, cantos quilos de bombóns terán que zamparse as pobres nenas para equilibra-la balanza?
13 mar 2016
A VOLTAS COS PROBLEMAS
SE ES CAPAZ DE RESOLVER ESTE PROBLEMA ANTES DO 31 DE MARZO HAI PREMIO. PERO TES QUE SER DOS TRES PRIMEIROS EN TRAER A SOLUCIÓN.
Aos bombeiros adéstrannos para por os pantalóns en 3 segundos. Cantos pantalóns pode por un bombeiro ben adestrado en 5 minutos?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)