16 nov 2014

UN PROBLEMA PARA SHERLOCK HOLMES

Nos seus libros Sherlock Holmes desenmascara a tres malvados cada 12 páxinas.

Cantos logrará desenmascarar en 108 páxinas?


10 nov 2014

UN CAN CON MOITOS ÓSOS




    Un pequeno can policía foi premiado, pola súa carraxe con 9 saborosos ósos. O can larpeiro, comeu 3 ósos ó instante e agochou, no patio da comisaría, os outros. Pola noite, uns hamsters entraron no patio e roubáronlle a metade dos ósos.


Cantos ósos lle quedan aínda ó valente canciño para o almorzo?


Lembrade que os 3 primeiros en traer a resposta correcta antes do venres 14 terán un pequeno premio.

5 nov 2014

UN PROBLEMA DE GATOS E RATOS


    Cando o gato de Marcos soupo que nunha zanahoria hai a mesma cantidade de vitaminas que en cinco ratos, decidiu pasar dos ratos e aficionouse a comer zanahorias. Normalmente o gato de Marcos comía 30 ratos ó mes. Cantas zanahorias ó mes terá que comer  o gato para igualar a cantidade de vitaminas?



23 oct 2014

UN PROBLEMA DE CASCUDAS

ESTE CURSO 2014-15 CONTINUAREMOS COA SOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS.
LEMBRADE QUE OS TRES PRIMEIROS EN RESOLVER ESTE PROBLEMA TEREDES UN PREMIO NA BIBLIO. 
A solución debedes dala nos recreos antes do próximo xoves 30 de outubro.


        O avó cazaba cascudas na cociña, logrou matar a cinco e feriu a tres veces máis. Tres cascudas recibiron feridas mortais e morreron, as demáis recuperaronse pero, enfadadas co avó, decidiron marcharse a vivir cos veciños.
Cantas cascudas se foron a vivir cos veciños?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...