As 40 avoas foron de paseo nas súas Harleys Davidsons. Diante de todas, en solitario, ía na súa moto, sen silenciador; a yaya máis guay. A seguían a toda castaña tres sidecars, cada un con 3 yayas. El resto de motos as perseguían. En cada moto das que ían detrás viaxaban 2 avoas. Cantas Harleys en total tiñan as yayas - motoristas?
A partir do terceiro trimestre propomos uns retos ao noso alumnado. Estes consistirán nun problema de matemáticas e os cinco primeiros en traer a solución á biblioteca serán premiados cun pequeno agasallo. Haberá un reto cada semana.
Aí vai o primeiro reto do Ogro Feroz
"Dous números, o 5 e o 3, chegaron unha vez a un lugar onde se tiñan amontonado unha chea de diferenzas e puxéronse a buscar a súa. Atopa a diferenza entre estes dous números".